European

García Mc. 3º Adianto de Sergio Manuel – Permanece Sempre

0
Please log in or register to do it.

Permanece Sempre é o 3º adianto do que será o novo traballo discográfico de García Mc que levará por título “Sergio Manuel”, tratase de unha obra de carácter autobiográfico en pezas ambientadas por septenios. lyrics Permanece Sempre García Mc Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla Deixei atrás a miña estrela e fun descendendo progresivamente cara a Terra Desta volta encarneime nun lugar chamado Santiago de Compostela E alí estaba ela, María do Pilar Magdalena co ventre aberto por cesárea E Manuel o ebanista, o artista da madeira, esperando fora a miña chegada A min pintóuseme a primeira acuarela, con tódolos elementais desta terra galega Quedábame unha misión tan difícil por diante, enfermei ós tres meses gravemente Pero tiña que cumprila, os primeiros momentos de enfermidade, debilidade e silencio Deron lugar á Palabra (mamá / gugutata) e gateando pola casa fun explorando o terreo A ver que pasa, ata conseguir conquistar o espazo e poñerme de pé E así alcancei a verticalidade e comecei a pensar: Quen son os xigantes que nos están a soñar? Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla Eu era un neno con grande capacidade de escoitar E tiña un mundo interior moi rico, era sensible, agarimoso E sufrín enormemente atoparme un mundo doloroso E durmía co meu oso de peluche, sempre que podía comía chuches Gustábame xogar ás canicas e á peonza, 1, 2, 3, zapatito inglés Diante da nosa casa e cada 20 minutos un coche pasa (apartade!) Subíamos ás árbores, íamos a recoller amoras e tirar petardos polas festas Tamén lembro aquela idade na que me levou miña nai por primeira vez á escola Berraba como porquiño que vai ó matadeiro, sabía o que me esperaba Maltrato no Colexio Castelao, pásoche os nomes por privado Da Directora, do profesor, da profesora e da outra profesora Afortunadamente houbo algún que influíu en que estea aquí agora Na lingua dos avós que temos mortos, polos seus froitos recoñecerédelos. A idade infantil desaparece, a infancia permanece sempre. Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla Boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla (a marabilla). — Autor: Sergio M. Regos García (agás: “A idade infantil desaparece, a infancia permanece sempre” de Alfonso Pexegueiro) credits released January 24, 2025 García Mc (Letra -autor-, voz -intérprete-, melodía retrouso e raps co-compositor, produción executiva, idea orixinal e coordinación xeral) Peter Petrowski (Beatmaker -compositor-) Carlos Lamosa (Piano e teclados -arreglador-) Iago Pico (Produción musical / -arreglador xeral-, gravación, edición, mestura e masterización en Pouland Studios)

ill Sykes x Django Mankub - Cradle Of Hostility
Empire vs Dr G - Kayfabe Is Dead | Gamblez Tha Lucky Bastard

-_

0 0 votes
Article Rating
Subscribe
Notify of
guest


0 Comments
Oldest
Newest Most Voted
Inline Feedbacks
View all comments