Album European

Volk Gz e Dee Cee – VIVIR E MORRER NA GALIZA (2024) | Tinta Rebelde

0
Please log in or register to do it.

“Vivir e morrer na Galiza” é un traballo musical de hip hop de curta duración integramente en galego elaborado polos lucenses Dee Cee e Volk Gz. Tras publicar xuntos o EP “27003 Blues” en 2022, este novo EP está composto por 11 tracks nos que se expón a visión da contracultura na Galiza coas líricas reais e profundas de Dee Cee e cos ritmos de Volk Gz que abarcan o drumless e o boombap con influencias do Jazz e do Blues que procuran dignificar o rap feito en Lugo e dotar de seriedade e compromiso ao rap feito en galego. Un traballo cheo de carga social e cultural e de referencias de diversos ámbitos que van desde a filosofía e a literatura ata o fútbol e a música, tanto a nivel local como nacional e internacional. Isto compróbase ao longo das 11 cancións a través de mencións e o uso de versos de Lois Pereiro e de samples dos anos 60, 70, 80 e 90 de artistas como West Montgomery, Mielo Hirota, B.B. King, Hareton Salvanini, Supersax, Frank Ricotti, Gerhard Trede, Wee, Georges Rodi e Grand Tour. Dispoñible en todas as plataformas dixitais. credits released December 17, 2024 Letras e voces: Dee Cee (+ Volk Gz no track 07) Beats: Volk Gz Gravación, mix e master: R Silas (ThaCheezeMakers Estudio) Artwork: Blue Indigo

ROLFO x BONKAS x ADMIRAL KLATSCH - KARUSSELL (OFFICIAL VIDEO)
KAPSOUL "MY HOOD" feat. 仙人掌 & SAW (Official Video)

-_